Galicia foi a segunda comunidade no número de visitantes que escolleron a modalidade de turismo rural

Estatísticas rurais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Durante o mes de agosto uns 243.318 viaxeiros empregaron aloxamentos de turismo rural. E de todos eses visitantes que empregaron este tipo de aloxamento 47.078 escolleron Castela e León e uns 32.755 pararon en Galicia. Son os datos que acaba de facer público o Instituto Nacional de Estatística dentro da Enquisa de Ocupación en Aloxamentos Turísticos Rurais. Agora ben, o perfil do visitante é un cliente nacional que pasa unha estadía media de cinco días, aínda que en Galicia a visita é máis breve, de tres xornadas.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do INE

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, INE, Galicia Hoxe, Instituto Nacional de Estatística...