Brath continúa a súa experimentación con Clan Atlante

O veterano grupo lugués presentou en decembro o seu novo traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Brath continúa a súa experimentación con Clan Atlante

En marcha desde 1980, o veterano grupo de folk e fusión Brath acaba de tirar do prelo o seu duodécimo traballo, no que continúa a apostar pola experimentación a partir da música de raíz. O que fora o primeiro grupo galego en integrar instrumentación eléctrica na tradición lanza o libro-CD Clan Atlante. O novo álbum mestura "composicións de fondo raigame galego coa música indie e alternativa mesturada cos sons do jarocho mexicano, dando como resultado un traballo ecléctico e diferente", segundo indica a banda no seu texto de presentación. Unha colección de temas no que se percibe a vontade de experimentar e que se atreve mesmo a fundir ska con pasodobre.

Eloi Caldeiro corre coa composición da letra e a música dos temas, agás tres cortes tirados do cancioneiro tradicional. Os arranxos son de Alberto Gambino, outro dos compoñentes do grupo. O disco gravouse e mesturouse nos estudios de Miguel Barrero e está a se distribuír co xornal La Voz de Galicia.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Cortes, Cancioneiro, La Voz de Galicia...