Brath fusiona folk e flamenco en Codex

A Coruña e Arteixo son as vindeiras citas na xira de presentación

17/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Eloi Caldeiro, compositor, voz e batería, aposta pola fusión de folk e flamenco para o novo traballo do seu grupo Brath. Codex é o título do último disco desta veterana banda, editado por Sons Galiza. O traballo ten como eixe os camiños ata a fin do mundo e incorpora toques de música africana, árabe e medieval ademais de incorporar o guitarrista Alberto Lucena. Caldeiro conta con José Rubio, Santi Suarez, Tania Capón, Alberto Sánchez e Marcos Campos para xira de presentación en marcha, que ten no Teatro Colón da Coruña (o 20 de decembro) e en Arteixo (o 28) as súas vindeiras citas.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Arteixo, A Coruña, Teatro...