Logo de amosar o seu traballo en festivais de jazz e concertos por todo o paÃs, o proxecto Mónica de nut trÃo lanza o seu primeiro disco. Totalmente autoproducido e editado baixo o selo Freecode Jazz records, o lanzamento mestura os sons do jazz e as voces e efectos da vocalista co traballo de Paco Dicenta ao baixo e bases electrónicas e mais Virxilio da Silva coa guitarra e efectos. O CD, co mesmo nome do grupo, presenta nove temas nos que apostan por sons complexos e cunha coidada produción, mesturando elementos de jazz, electrónica, experimentación e mesmo música de raÃz. Pódese adquirir por dez euros en diferente locais do paÃs ou solicitarllo directamente aos músicos. Tamén está dispoñible integramente no web de Mónica de Nut para libre descarga. Os vindeiros 3 e 24 de marzo o grupo actuará na sala La Tuerka 27, da Coruña.