A figura de Francisco Tettamancy ficou agachada diante doutros contemporáneos como Manuel MurguÃa ou Curros EnrÃquez, pero estivo presente en todos os principais movementos vinculados ao Rexurdimento e ao núcleo coruñés dos galeguistas do século XIX e principios do século XX. O 3 de xaneiro o Salón de Plenos da Deputación acollerá unha homenaxe a quen foi funcionario da institución e que a través de diferentes textos estudou a historia de Galicia en significativos momentos, como a Guerra da Independencia, ou a revolta de 1846. Precisamente é autor do primeiro estudo sobre os Mártires de Carral, asà como promotor do monumento que se elevou á súa memoria nesta vila coruñesa. Precisamente, a súa recuperación da historia dos militares fusilados en Carral polo seu apoio á causa provincialista é o aspecto biográfico que máis destaca a Deputación. Segundo difundiu nunha nota de prensa, xunto co acto institucional encabezado polos deputados de Normalización LingüÃstica e Patrimonio do ente provicnial, realizarse un vÃdeo sobre a súa vida, obra e contexto histórico asà como unha unidade didáctica para traballar a revolta de 1846, canda a publicación da súa obra sobre este levantamento traducida ao galego.