Lionel Rexes volve gañar o Lueiro Rey

'A montaña do poeta' é o relato gañador do autor de Alfoz

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Lionel Rexes alzouse esta semana como gañador da XXVIIIª Edición do Premio Lueiro Rey de Novela Curta do Concello de O Grove. O lucense recunca gañador cinco anos despois neste certame do que xa foi galardoado na XXIIIª edición en 2017 por ' A raíña das velutinas'. A obra 'A montaña do poeta' foi a elixida nesta ocasión por un xurado conformado por Antonio Piñeiro; Ánxela Gracian; Armando Requeixo; Carmen Ferreira e Héctor Cajaraville. O relato , situado en Alfoz, onde reside o escritor nado en París en 1971, basease nunha historia real do pasado relacionada coa casa do poeta Noriega Varela para crear unha narración actual. O premio supón tres mil euros e a publicación da obra en Xerais.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lionel Rexes, Antonio Piñeiro, Héctor Cajaraville, Armando Requeixo...