Lionel Rexes faise co Lueiro Rey de novela

A obra gañadora titúlase A raíña das velutinas

15/2/2017 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
1 lecturas | Compartido 0 veces
O escritor lucense Lionel Rexes fíxose onte co XXIII edición do premio Manuel Lueiro Rey de novela pola súa obra "A raíña das velutinas". O xurado estivo conformado por Anxela Gracian, Antonio Piñeiro, Manuel Quintáns, Mario Regueira e Armando Requeixo, baixo a coordinación da técnica de Cultura Marina Aguín e a concelleira de Cultura e Turismo Emma Torres. A raíña das velutinas, título da obra gañadora, é unha historia ambientada en Mondoñedo. O xurado valorou "o seu brillante labor de documentación e a grande amenidade das historias que entrecruza na trama principal".

Universo culturagalega.gal