A folktrónica de Baiuca aspira a mellor disco estatal do 2021

O álbum 'Embruxo' é finalista do Premio Ruído da Asociación de Periodistas Musicales

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de 'Embruxo'

Capa de 'Embruxo'

O tribalismo máxico da 'folktrónica' presentado por Baiuca no seu segundo disco, 'Embruxo' (Raso Estudio, 2021), entrou na lista de 15 finalistas ao Premio Ruído ao mellor disco do ano. Este galardón outorgado pola Asociación de Periodistas Musicais, que celebra este ano a súa sétima edición, coloca o álbum do artista galego á par de outros nomes moi recoñecidos e veteranos da música estatal, coma Kiko Veneno, Vetusta Morla, Quique González, Zahara, C.Tangana ou Morgan, entre outros. Este premio xa recaeu antes en propostas galegas, concretamente Triángulo de Amor Bizarro gañouno dúas veces, en 2016 e na pasada edición de 2020. A resolución do Premio Ruído ten que pasar agora, entre estes quince finalistas, por unha nova fase de votacións que remata o vindeiro 30 de decembro.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baiuca, Triángulo de Amor Bizarro, Medios de comunicación