Triángulo de Amor Bizarro obtén o seu segundo Premio Ruído

O colectivo de xornalistas musicais españois recoñece o seu último traballo como o máis destacado de 2020

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Triángulo de Amor Bizarro

Capa de Triángulo de Amor Bizarro

O quinto álbum de Triángulo de Amor Bizarro, que o grupo galego lanzou durante o confinamento da pasada primavera, acaba de ser recoñecido como un dos mellores discos do ano. O traballo, que ten o mesmo nome que a banda, alzouse como vencedor do Premio Ruído, que outorga o colectivo Periodistas Asociados Musicales (PAM). É a segunda vez que os de Boiro obteñen este galardón, co que xa foran recoñecidos en 2016 por Salve Discordia. O fallo destaca que o traballo "é unha declaración de principios na que dan renda solta aos sons noise e ritmos post-punk" e no que destacan temas como Vigilantes del Espejo, ASMR para ti ou Fukushima. O álbum competía con outros quince proxectos finalistas de todo o Estado.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Triángulo de Amor Bizarro, Boiro

Claves

Lugares