Triángulo de Amor Bizarro faise co Premio Ruído

Salve Discordia é o Disco do Ano para Periodistas Asociados de Música

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Triángulo de Amor Bizarro faise co Premio Ruído

A sala El Sol de Madrid acollía na noite de onte a entrega do Premio Ruído ao Disco do Ano. O colectivo Periodistas Asociados de Música outorgoulle o seu galardón a Salve Discordia, cuarto traballo de Triángulo de Amor Bizarro. Os galegos impuxéronse entre a quincena de traballos finalistas nesta segunda edición dos premios, que á súa vez foron seleccionados a partir de dúas roldas de votacións dun cento de profesionais da comunicación musical. Nos finalistas non faltaban outros nomes do país como Iván Ferreiro e Novidades Carminha. Na gala, ademais dos propios galardoados, actuaron Kokoshca e Aries. O grupo está en plena xira de presentación do seu traballo, con actuacions noso país previstas en Ferrol (18 de febreiro), Vigo (25 de febreiro) e Sarria (11 de marzo, no Esmorga Fest).

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Triángulo de Amor Bizarro, Iván Ferreiro, Esmorga, Ferrol...