O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle hoxe a estrea da peza de danza 'Tabú' de Colectivo Glovo. O espectáculo é un dos producidos ao abeiro do programa de apoio a producións alleas do Centro Coreográfico Galego da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), polo cal consta como co-produción da unidade pública de danza. Esther Latorre e Hugo Pereira, integrantes do Colectivo, dirixen o espectáculo, que interpretan xunto a Sybila Gutiérrez, Clara Ferrão e Fran MartÃnez. A artista e dj Babykatze asina espazo sonoro e o vestiario está realizado en colaboración con Adolfo DomÃnguez. A beleza e as interrogantes sobre a historia dunha imaxe do Arquivo Municipal de Allariz, na que que se retrata un equipo de fútbol feminino en 1925, serviron de punto de partida para a construción desta peza, que se mergulla nas travesÃas emprendidas por mulleres pioneiras. A estrea de 'Tabú' terá lugar ás 20,30 horas.