Morre o fotógrafo Carlos Valcárcel

Destacou polo seu importante traballo documental

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteNecrolóxicas
Compartir:

Era traballador da banca, pero a súa paixón das fins de semana foi fotografiar Galicia. Carlos Valcárcel (Lugo, 1929) finou este domingo en Lugo aos 92 anos de idade, deixando un importante legado fotográfico da Galicia rural e etnográfica, pero na que tamén se perciben os inicios do importante cambio cultural levado a cabo no país a partir dos anos 60. Unha escolma do seu enorme arquivo fotográfico está publicada en Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960-1980, publicado en 2019 pola Editorial Canela, no que se alternan os oficios, as feiras e os traballos da sociedade rural galega.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Canxar nº1

Quiosco: Canxar nº1

A Sociedade Antropolóxica Galega inaugura a súa revista de fotografía etnográfica

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Documental, Fotografía

Claves

Lugares