É habitual que en Galicia asociemos os xacementos arqueolóxicos con grandes murallas de castros ou túmulos megalÃticos. Pero a construción das grandes infraestruturas públicas fai aflorar unha chea de novos xacementos que non deixan trazas en superficie. A construción dos dous últimos tramos da A-54 entre Santiago de Compostela e Lugo, entre Arzúa e Melide, están a revelar un importante conxunto de xacementos, algúns deles moi escasos no paÃs. Seis deles xa foron escavados e outros tantos serano nos vindeiros meses. Entre eles, as carboeiras dun castro e un importante conxunto de corenta foxas funerarias do final da Idade do Bronce e inicios do Ferro.
"Antes de ser Camiño de Santiago, esa zona xa era unha importante vÃa de comunicación", aclara o arqueólogo Emilio Ramil, explicando dese xeito a abundancia e diversidade de xacementos arqueolóxicos que os profesionais se están atopando durante as obras de construción da A-54. Ramil é o responsable dos equipos arqueolóxicos que traballan nos preceptivos controis arqueolóxicos previos á construción da estrada: supervisan o trazado na procura de elementos arqueolóxicos que pasaran previamente desapercibidos, controlan o inicio das obras e escavan os xacementos aparecidos de ser o caso.
"AÃnda que as obras non afectan a xacementos catalogados, moitas veces si cruzan polas áreas de cautela destes xacementos", sinala o arqueólogo, "e temos que estar pendentes das escavadoras cando se comezan a meter na terra". E é aà onde aparecen sitios arqueolóxicos ata o momento invisibles. "Estamos tan habituados a que a arqueoloxÃa se faga no interior das murallas dos castros que non nos decatamos de que a vida dos xacementos continuaba no seu exterior", indica Ramil. "O que nos estamos a atopar, por exemplo, é o momento no que, en época romana, os castros comezan a estenderse polas ladeiras".
Entre os achados máis curiosos e pouco habituais están as carboeiras dun castro. "FacÃan foxas e queimaban nelas elementos vexetais para facer carbón. Estámolas atopando moi preto dos xacementos castrexos. Xa fixemos cortes e analÃticas e varias delas dannos unha cronoloxÃa do século III d.C.". Nas prospección tamén atoparon fornos de cocción romanos, asà como fondos de cabana neolÃticas datadas no 3.000 a.C. nas proximidades de antigos túmulos, que nos trasladan á idea dunha paisaxe na que mámoas e poboados eran parte do mesmo conxunto habituacional.
Un conxunto de foxas funerarias
O equipo de Ramil xa leva excavados en área seis xacementos durante as obras e este ano intervirá outros seis, entre eles o que debe ser o sitio arqueolóxico máis relevante do conxunto: nas proximidades dun castro na zona de Melide localizáronse corenta foxas de inhumación, dunha cronoloxÃa entre finais da Idade do Bronce e o principio da Idade do Ferro: o tempo no que comezan a ser ocupados os castros. Nas foxas hai materiais de incineración e funerario. "Collémolas practicamente sen tocar", destaca Emilio Ramil.
Trátase dun tipo de xacemento moi singular e pouco estudado, en especial porque ata hai poucos anos non foran identificados ou escavados sistematicamente, e porque están asociados a sitios arqueolóxicos, os castros, dos que ata hai pouco era unha absoluta incógnita a existencia de lugares de enterramento. Curiosamente, a principal intervención arqueolóxica destes "cemiterios" do inicio do tempo dos castros foi tamén nas obras da mesma autovÃa, no xacemento de Ventosiños, en Coeses (Lugo), en 2013. O novo xacemento permitirá coñecer máis sobre os inicios da Idade do Ferro en Galicia.