Lía González faise coa primeira bolsa artística Ensaia

Recibirá 6.000 euros desta iniciativa promovida por un cento de doantes

25/11/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte

Peza de Nöwmada de Lía González.

A Asociación Ensaia, creada para promover e visibilizar o talento no noso país acaba de dar a coñecer o fallo da súa primeira bolsa, dedicada ao desenvolvemento da carreira persoal de artistas. Este apoio foi para Lía González, creadora afincada en Entrimo, que o colectivo cualifica como "un dos talentos artísticos máis prometedores da nosa comunidade, cun claro potencial internacional no seu traballo".

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións
Compartir:

González recibirá un total de 6.000 euros repartidos en doce pagos mensuais, ao que se suman encontros con mentores, acompañamento e apoio na divulgación do proxecto e no acceso a potenciais clientes. A bolsa, ao igual que a propia asociación, finánciase en base ás achegas dun cento de doantes independentes e de patrocinios.

A creadora está a dedicar este apoio aos proxectos Pathart, no que realiza visións artísticas dos tecidos do corpo humano en colaboración cunha patóloga, e mais nöwmada, unha proposta na que se crea cor a partir de código e de momentos de inspiración.


Do mesmo ámbito

Universos

Claves