O persoal técnico que fai posible a realización de todo tipo de eventos e actos culturais en vivo ven de organizarse nunha asociación para defender os seus intereses profesionais. Creada o pasado xaneiro, deuse a coñecer agora a nova Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo (APTAV) que nace do paso á fronte dun cento profesionais cos obxectivos de “xuntar a todos os técnicos, visibilizar e dignificar a profesión, acadar melloras nas condicións de traballo, conseguir a conciliación laboral e a igualdade de xénero real”, segundo o seu comunicado de presentación. A APTAV está aberta a todos e cada un dos profesionais técnicos que traballan nos espectáculos e eventos en directo: técnicos de iluminación, son, vÃdeo, rexedorÃa, backline, rigging, montaxe de estruturas, persoal auxiliar, etc. A asociación de ámbito autonómico colaborará activamente cos centros de estudos e promoverá xornadas e cursos de formación por toda Galicia. APAV forma xa parte da Plataforma Estatal de Asociaciones de Técnic@s del Espectáculo (PEATE).