Preséntase unha asociación para agrupar todos os xestores culturais do país

Os promotores consideran que nace nun momento de cambio no tecido cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Pretende agrupar todos os profesionais que desenvolvan actividades relacionadas coa xestión da cultura no país. Chámase Asociación Profesional de Xestores Culturais de Galiza e preséntase hoxe no marco do Cultur.gal, o salón das industrias culturais. Os antecedentes da entidade hai que buscalos en Land Rover, a asociación creada hai dez anos para agrupar a técnicos locais da xestión pública. Pero agora amplía o seu horizonte e obxectivos, para agrupar aos profesionais a todos os niveis: públicos, privados, locais, comarcais, autonómicos.... De momento, a entidade preséntase con corenta membros entre os que se encontra Alberto García, que considera “que este é o momento pertinente porque o sistema cultural galego está nun momento de artellamento”.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)