O web da Deputación da Coruña ten xa dispoñible para descarga o libro A cultura é un dereito. Unha visión social da Cultura. Este volume, que coordina o técnico e dinamizador sociocultural Alberto de Boiro "ten como obxectivo reflexionar sobre o momento actual da xestión cultural en Galicia e servir de ferramenta e recurso para profesionais e outros axentes que actúan na provincia" en dez capítulos escritos por outros tantos autores.
Xavier Campos, Sabela Mendoza, Marcos Lorenzo, Encarna Lago, Sergio Lago, Clara R. Cordeiro, Roberto Pascual, Sivia Fiallega, Fran Quiroga, Andra Barreira, Carlos Lorenzo, Arancha Estévez, María Baqueiro ou o propio Alberto de Boiro asinan os apartados, que seguen a estrutura das xornadas que a entidade provincial organizou ao longo dos últimos cinco anos no marco do programa que dá título á obra.
No volume abórdanse cuestións como a sustentabilidade, a accesibilidade ou igualdade en cultura ademais de tratar "o estado no que se atopan sectores como a danza, o teatro, a poesía, os festivais de música, as bibliotecas ou os museos locais, entre outros". O volume presentarase ao público na xornada "Acción e políticas culturais municipais", que o departamento de Cultura da Deputación da Coruña programou para o 28 de setembro no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Tamén se dará a coñecer en diferentes encontros da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.
De xeito paralelo, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural programa, tamén en colaboración coa deputación as Quedadas da Xestión Cultural Galega. Esta iniciativa propón visitar unha ducia "proxectos culturais inspiradores" da provincia da Coruña en tres xornadas.
A primeira sesión desenvolverase o martes 3 de outubro en Santiago de Compostela, coa participación de Fran Quiroga, unha visita comentada á exposición 1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega e unha entrevista con Pela del Álamo, director do festival Curtocircuíto. A xornada finalizará coa visita á sesión inaugural desta cita cinematográfica. A visita ten aberta a inscrición a un prezo de vinte euros que inclúe o xantar.