O escultor Xusto Gude Méndez é o gañador da primeira edición do premio Talento Eurorrexión 2024, da AECT Galicia - Norte de Portugal, co proxecto "Máscaras do Mundo". O xurado concedeu o premio por unanimidade, entre as 18 candidaturas recibidas, dun lado e doutro da Raia, porque "Mascaras do mundo, é unha viaxe completa polas diferentes máscaras que hai ao longo e ancho da paisaxe ourensá", pódese ler na acta do xurado. Xusto Gude, de 61 anos, é un artista autodidacta de Xinzo de Limia (Ourense). O Talento Eurorrexión é unha nova iniciativa desenvolvida no ámbito do consolidado proxecto de intercambio cultural Nortear, cofinanciado por INTERREG VI-A POCTEP, no marco da Candidatura NORTEAR GNP 1E. O vencedor recibirá unha escultura, creada para a ocasión, pola artista galega CH Sueiro, que entregará o subdirector da AECT Galicia – Norte de Portugal, Xosé Lago, en presenza da directora do Festival IKFEM, Andrea González, no vindeiro 20 de xullo, ás 17 h. na antiga ponte internacional sobre o rÃo Miño, entre Tui e Valença. Esta acción realÃzase en paralelo ao IKFEM Festival 2024, iniciativa cultural transfronteiriza que ten lugar esta fin de semana. O obxectivo do Talento Eurorrexión é mellorar a visibilidade dos talentos creativos e dos emprendedores culturais da Eurorrexión, dinamizar a creatividade existente nos dous territorios e converterse nunha referencia na promoción e difusión da actividade dos creadores culturais da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.