Un novo selo editorial independente bota a andar en Galicia. Da man dos escritores Berta Dávila e Carlos Meixide ve a luz neste mes de novembro Rodolfo e Priscila, que se presenta como "editora indecisa" e que tira o seu nome de senllos xoguetes da infancia dos seus promotores. O proxecto defÃnese "sen compartimentos que determinen de maneira exacta o que cabe nela e o que non, aÃnda que nos interesa en especial a brevidade e o contemporáneo", e asegura procurar "o particular e a lentitude, que cada libro chegue cando teña que chegar, como un achado diamantino".
Como carta de presentación do proxecto, a editora lanza Pequeno álbum de Nova York en inverno, un volume de ilustración de Dávila e textos de Meixide que conta "a viaxe que serviu de sementeira" para editorial, a visita e a historia de amor dunha parella de turistas á Grande Mazá e as súas conversas e experiencias.
O outro volume co que sae a firma é A poesÃa como arte insurxente, unha tradución realizada por Daniel Salgado do orixinal de Lawrence Ferlinghetti no que o autor, mediante aforismos, "intenta comprender a poesÃa e, por extensión, a vida. É o manual de instrucións, a caixa de ferramentas, dun poeta moderno". Está previsto que as dúas obras cheguen ás librarÃas o vindeiro 23 de novembro. O proxecto conta do traballo de Roi Fernández ao deseño.