O Festival Intersección dá a coñecer o palmarés da súa IV edición

Carme Nogueira, Alejandra Pombo ou Lúa Gándara foron recoñecidas no encontro de arte audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Festival Intersección dá a coñecer o palmarés da súa IV edición

O Festival de Arte Audiovisual Contemporánea Intersección daba a coñecer este sábado 31 de outubro o palmarés da súa IV edición. Nos galardóns, o Premio da Asociación Sindical Galega de Guionistas, foi para Judith Adataberna, pola súa obra Memoria de Emerxencia. O xurado destacou o seu xeito de "abordar o minifundismo como herdanza do que somos, a través dunha proposta narrativa chea de sentimento e verdade". Na sección escolas, pola súa banba, o premio foi para Leite. Sangue. de Laura MS, "pola súa capacidade de articular un relato propio a partir dun material videográfico doméstico preexistente".

Na sección Galicia, o xurado destacou "a calidade das obras e a disparidade e diferencia de valoracións dentro da mesma ante a riqueza de miradas, concepcións e perspectivas da creación audiovisual galega". Nesta categoría Carme Nogueira levou o premio Colectiva pola obra Tenerife, Alejandra Pombo alzouse co Premio NUMAX á exhibición con MIMIC THIS e Ruth Montiel Arias levou o premio do público con Deeper. Santiago Talavera que obtivo con Hauntopolis, co Premio Contemporánea e Sabela Eiriz que con Veo, veo obtivo o Premio Xurado Novo, completaron o palmarés neste apartado.

Lúa Gándara e o seu Ahora lo entiendo todo foi recoñecida co premio Contemporánea pola súa "capacidade lúdica e interactiva da divertidísima proposta da artista, por situarse a medio camiño entre a exposición e o ensaio sobre a obra pictórica propia". Finalmente, na categoría de Planetario foron galardoados ARCAAN Colective pola obra Emersive co Premio do Público, e Sergey Prokofyev co Premio Xurado Novo por Urban Levitation.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carme Nogueira, Lúa Gándara, Escolas, Narrativa...