
INTERSECCIÓN focaliza a súa programación en obras que se atopan no cruce do arte contemporáneo e o cine de vangarda, abarcando unha gran variedade de formatos, técnicas e linguaxes. Ademais das proxeccións, INTERSECCIÓN complétase con actividades de xeración e transferencia de coñecemento, de formación especÃfica e de diálogo cos diversos públicos, entre os que se atopan investigadoras, galeristas, comisarias e demais profesionais, asà coma a cidadanÃa en xeral. A sección Escolas é un espazo que busca visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenrola nas interseccións das artes. A GalerÃa Solaina, co-organizadora da sección nesta edición, convidou ás participantes da convocatoria a reflexionar nas súas obras no entorno á dicotomÃa Ciudad vs Rural. Das obras recibidas seleccionáronse 15 pezas de distintas disciplinas. AsÃ, os traballos de Adrián Salgueiro, Ana Sánchez, Antón Zaera, Cinema Semente, Cristina Chiarroni y Rokekes, Daniel Emmanuel Iglesias, Daniel Selas, Elvira Martos, Inma Veiga, Laura MS, Lil Chachi, Nora Galván, Santiago Barandiaran, Seares y Telarete móstranse agora nunha exposición colectiva que reúne diferentes perspectivas do rural. O evento estrea ademais a sección Conexión Atlántica by 1906 que, patrocinada por Cervezas 1906, propón a fusión do arte, a gastronomÃa e a cervexa para aproximar ao público a outros medios de investigación e experimentación plástica e sensorial. Retallos ao azar, de Iria Vázquez, é a performance que da inicio a Conexión Atlántica. O traballo da artista e o de Iván DomÃnguez, chef de NA-DO, dialogan nunha maridaxe de arte e gastronomÃa.