
O álbum está producido pola propia banda, gravado e masterizado en Estudios Bajocero con VÃctor Gacio como enxeñeiro de son. Todos os temas están compostos pola banda, excepto "Inexorable", que é unha adaptación de "One Hundred Years From Now", de The Byrds. Para as cancións, cantadas nesta ocasión todas en castelán, volven contar con Arantza Navarrete na elaboración das letras, ademais de con More nos coros, o propio VÃctor Gacio nos teclados, e a trompeta de Tito en "Sonora". O primeiro sinxelo en saÃr foi o tema "El vals de los quebrantos", un tema que se sitúa na Noite dos Mortos que estes dÃas pasamos. Ademais diso este coidado traballo ofrece outros nove cortes, nos que as cancións crecen os retrousos están ben armados de acordo a un estilo pop que percorre o disco compaxinada coa steel guitar, e os xiros cara o rock ou o folk americano. Coa volta dos circuÃtos musicais a banda de Cedeira comezará pronto a presentar en directo este "Sonora" nos escenarios e a percorrer os camiños con el , como compre facer. Comezarán o vindeiro 5 de novembro na Sala Mardi Gras da Coruña e ao dÃa seguinte, 6 de novembro, en La Room, de Ferrol.