Unha viaxe gráfica coa emigración galega a Europa

O Arquivo da Emigración Galega publica unha nova entrega das Historias de ida e volta

26/10/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: historiasociedade
22 lecturas | Compartido 0 veces

Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Manuel Bemposta Porto

Estes días a emigración galega a Europa está de actualidade coa concesión do Premio Nacional de Narrativa a Xesús Fraga pola súa novela Virtudes (e misterios). Desta volta, o Arquivo da Emigración Galega publicou no web do Consello da Cultura unha nova entrega das Historias de ida e volta dedicada á emigración galega a Europa. No especial pódense ver interesantes fotos e documentos que amosan os traballos, a vida cotiá e os encontros sociais dos emigrantes galegos en países coma o Reino Unido, Alemaña, Suíza. O especial inclúe facsímiles dixitais das guías para emigrantes en Francia ou Alemaña, permisos de traballo ou de condución.

Universo culturagalega.gal