Cultura incrementará o seu orzamento en dous millóns para 2022

Os fondos medraran en 20 millóns no anterior exercicio

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Os programas de Cultura da Xunta de Galicia contarán o vindeiro ano cun orzamento de 96 millóns de euros, dous máis do que durante 2021. Así o adiantou o conselleiro da Área, Román Rodríguez, na mañá deste 20 de outubro na presentación da vindeira xira do grupo poético Rompente. A cifra, pretende reforzar "o apoio aos creadores, ás industrias e entidades culturais galegas", ademais de que facilitará "acompañar ao sector e á sociedade na recuperación da normal actividade e permitirá afrontar novos retos.

Este crecemento resulta moi inferior os 20 millóns de euros extras que sumou a Consellería no pasado exercicio. En conxunto, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai xestionar en 2022 case 2.753 millóns de euros, un 2,1% máis do que o ano pasado, cando a cifra era de 2.696.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Xunta de Galicia, Cultura da Xunta, Rompente...