O Centro Dramático Galego (CDG), deu a coñecer a selección dos integrantes dos elencos que interpretarán os seus espectáculos de produción propia previstos para 2022. Segundo xa constaba na convocatoria, trátase de 22 actrices e actores que lles darán vida ás personaxes da adaptación de 'A peste', de Albert Camus, con Cándido Pazó como director, e de 'Ás oito da tarde cando morren as nais', dirixida por Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez. Entre os 22 intérpretes hai nomes de longa traxectoria na escena profesional galega e outros que están a iniciar as súas carreiras e que participarán por vez primeira nunha produción da compañía de teatro institucional galega. Foron elixidos de entre as 80 candidaturas que, dun total de 330 presentadas, pasaron á segunda fase do proceso de selección, consistente nunha primeira fase de valoración dos perfís profesionais e unha segunda, que consistiu nunha proba de interpretación. O actual procedemento de selección non levantou as protestas do sector como en anteriores ocasións.
No caso de 'A peste', cuxa estrea se prevé para o vindeiro xaneiro, o proceso de selección levado a cabo desde o CDG rematou coa elección de Evaristo Calvo, César Cambeiro, Nacho Castaño, Xurxo Cortázar, Salvador Del Río, Casilda García como nai, Paku Granxa, Luís Iglesia, Antonio Martínez, Rebeca Montero, Marcos Orsi, Santiago Prego, María Roja, Santiago Romay e Carlos Sante. Para 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' o centro contratará a Camila Bossa, Sabela Domínguez, José Manuel Esperante, Davide González, Alba Loureiro, María Llanderas e Toni Salgado. Esta peza ten a estrea prevista para abril de 2022. A nivel laboral, a duración dos contratos para as dúas producións será de 3,5 meses, distribuídos entre a data de comezo dos ensaios, prevista para finais de novembro e comezos de decembro, e a fin da exhibición, no primeiro semestre de 2022.