A Axencia Galega das Industrias Culturais publica no DOG de hoxe o anuncio da convocatoria e ás bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, de 20 prazas de actrices e actores para a produción Phoné (tÃtulo provisional) do Centro Dramático Galego, para a temporada 2023-2024 do centro público de produción teatral. Non se especifican na convocatoria os roles a cubrir polo elenco nin se establecen requisitos de idade ou xénero. Valorar o grao de coincidencia dos perfÃs dos solicitantes seleccionados finalmente cos roles será responsabilidade do equipo de dirección que o fará de xeito obxectivo por escrito motivado. O procedemento de selección constará de dúas fases, unha de valoración dos perfÃs profesionais de acordo ao grao de coincidencia coa proposta artÃstica e unha segunda que consistirá nunha proba de interpretación e preferencia para aqueles cinco solicitantes de cada rol que pasen a anterior fase.
Das 20 prazas a seleccionar neste proceso dúas terán a categorÃa retributiva de protagonista, nove irán coa categorÃa de principais, e outras nove coa categorÃa de secundarias para a produción "Phoné". Segundo as bases desta contratación, os vinte roles a partir dos cales se vai facer o traballo de interpretación responden á lóxica de creación coral a partir dos textos de Tamara Canosa e outros autores. Por este motivo, serán definidos a partir da compensación de perfÃs entre todos aqueles recibidos. Entre os perfÃs primarase o de intérpretes con probada versatilidade ao longo da súa traxectoria. Valorarase a traxectoria e caracterÃsticas dos espectáculos representados. Seleccionaranse tamén algúns perfÃs transdisciplinares con coñecemento e experiencia na creación en disciplinas como a danza, a música o audiovisual ou as artes plásticas. Os artistas interesados teñen un prazo de 15 dÃas naturais para presentarse ao proceso.