Premio MAX para "Ás oito da tarde, cando morren as nais" do CDG

O galardón recoñeceu o vestiario da produción feito polo italiano Pier Paolo Alvaro

18/4/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: TeatroEspectáculos
56 lecturas | Compartido 0 veces

'As oito da tarde, cando morren as nais' Foto: CDG / Miramemira

O deseño de vestiario feito por Pier Paolo Alvaro para a montaxe do Centro Dramático Galego "Ás oito da tarde, cando morren as nais" recibiu onte o único Premio MAX das Artes escénicas que ten que ver coa produción teatral galega. Os gañadores desta XXVI edición dos Premios Max das Artes Escénicas, convocados pola Fundación SGEA, déronse a coñecer na gala que se celebrou onte en Cádiz. O italiano Pier Paolo Alvaro foi o deseñador encargado pola compañía pública galega para facer o vestiario do espectáculo de produción propia "Ás oito da tarde, cando morren as nais", presentado fai agora un ano, con dirección e dramaturxia de Marta Pazos. A outra presenza da escena galega na fase final dos Premios MAZX, Esther F. Carrodeguas, non acadou o Premio de Autoría polo seu texto na obra "Supernormales", producida polo Centro Dramático Nacional.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados