Esther F. Carrodeguas é finalista ao Premio MAX a mellor autoría teatral

O vestiario da obra do CDG 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' tamén está entre os finalistas

O vestiario da obra do CDG 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' tamén está entre os finalistas
A dramaturga Esther F. Carrodeguas ( Rianxo, 1979) é unha das tres persoas finalistas ao Premio MAX das Artes escénicas na categoría de Mellor autoría teatral. Carrodeguas acada este recoñecemento polo seu traballo coa obra 'Supernormales', producida polo Centro Dramático Nacional. O texto de 'Supernormales' foi escritor pola autora no marco do programa de Residencias Dramáticas do CDN. O libreto finalista presenta, segundo o CDN, "un xogo cómico que nos enfronta aos nosos propios prexuízos arredor do colectivo de persoas con diversidade funcional". A outra presenza galega que queda na lista de finalistas a estes galardóns das artes escénicas estatais corresponde ao Premio a Mellor deseño de vestiario, no que unha das tres candidaturas que chega ata este punto é a do traballo de Pier Paolo Alvaro para a montaxe "Ás oito da tarde, cando morren as nais", do Centro Dramático Galego. Os gañadores desta XXVI\edición dos Premios Max das Artes Escénicas, convocados pola Fundación SGEA, coñeceranse na gala que se celebrará o 17 de abril en Cádiz.