O Centro Dramático Galego (CDG) e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ofrecen hoxe no Salón Teatro de Santiago de Compostela unha lectura dramatizada do texto de Ernesto Is, 'Relato para un incendio', gañador da Bolsa de Dramatuxia e que será levado á escena pola unidade de produción teatral da Xunta en réxime de coprodución. A sesión, de balde e aberta ao público xeral, terá lugar ás 20,00 h. co obxectivo principal de que coñezan a escrita as persoas ou compañÃas que teñan interese en realizar a montaxe ao abeiro da convocatoria feita pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Baixo a dirección de Paloma Lugilde, a dramatización será realizada por Alba Loureiro, MarÃa Barcala e Nacho Castaño, que interpretarán as diferentes personaxes, reais e ficticias, da obra.
'Relato para un incendio' pon en conexión dous acontecementos que tiveron lugar na comarca coruñesa de Ordes en momentos moi diferentes. Por unha banda, os estudos etnográficos dun antropólogo danés na década dos 60 e, por outra, a ruta incendiaria dunha veciña da zona en 2016. Co obxectivo de investigar a loucura como factor alterante nas persoas, influÃndo no comportamento ata rachar coa realidade e poñer en perigo vidas, o autor integra ambos feitos nos mecanismos de ficción teatral. Para isto utiliza persoas, imaxes, relatos e situacións auténticas para artellar unha dramaturxia cos preceptos do denominado Teatro Verbatim, que mestura artes escénicas con documentos e testemuños reais.
Prazo aberto para optar á montaxe
O prazo para optar á realización da montaxe está aberto ata o 25 de outubro e poden presentarse profesionais das artes escénicas que desenvolvan a súa actividade maiormente en Galicia. O proxecto seleccionado recibirá ata 12.000 euros para a posta en escena do espectáculo, sen que a achega poida superar o 80% do orzamento da produción. As bases do proceso poden consultarse nas webs da Agadic e do CDG, asà como o texto Ãntegro de Relato para un incendio.