Lucía Durán gaña o Concurso de Poesía Filomena Dato

A obra 'Cartografía dos nomes' acadou o favor do xurado do certame de Bergondo

Segundo a acta do xurado do IIº Concurso de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo, Lucía Durán coa obra 'Cartografía dos nomes' foi merecedora de vencer nesta edición do certame, de entre os 29 orixinais recibidos, "pola súa orixinalidade, a honestidade que deixa ver na súa obra, así como a limpeza e emoción, destacando pola sinxeleza". Durán, natural de Moaña, gañou o pasado ano o premio de poesía Xamón, Pan e Viño da Fundación Otero Pedrayo. É profesora de ensino medio no IES Johan Carballeira de Bueu. O premio ten unha dotación económica de 2.000 euros, así como a publicación do poemario ganador na editorial Apiario na colección que leva o nome de Filomena Dato.