Marta Dacosta gaña o IV Premio de poesía Filomena Dato

En "Papaventos abismados" aborda a temática da demencia, a vellez, o coidado e a preparación para a perda

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Marta Dacosta gaña o IV Premio de poesía Filomena Dato

A escritora Marta Dacosta (Vigo, 1966) ven de obter o Premio de poesía Filomena Dato na súa cuarta edición coa obra "Papaventos abismados". O xurado deste certame convocado polo Concello de Bergondo deliberou e achou gañadora á obra da escritora viguesa destacando dos textos o xeito en que aborda "a temática da demencia, a vellez, o coidado e a preparación para a perda". O premio ten unha dotación económica de 2.500 euros e a publicación do poemario na editorial Apiario. O xurado estivo integrado por Alejandra Pérez Máquez, presidenta; e Antía Otero Rodríguez, Oriana Méndez Fuentes e Rosalía Fernández Rial como vogais.

Que che parece esta nova?
123 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marta Dacosta, Filomena Dato, Poesía, Oriana Méndez...