Xela e Gianni: un podcast para coñecer a faciana tradutora de Xela Arias

O Consello da Cultura Galega publica un podcast cunha escolma sonora de contos de Gianni Rodari traducidos pola homenaxeada no Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Ilustración: Bea Gregores

Ilustración: Bea Gregores

De entre os numerosos textos de Contos ó teléfono de Gianni Rodari, editados por Juventud en 1986 e traducidos por Xela e Valentín Arias, a contadora Charo Pita seleccionou doce contos (e un prólogo) para ser convertidos ao formato podcast. Ese é o núcleo do especial "Xela e Gianni", que publica hoxe o Consello da Cultura Galega, e que rende homenaxe á faceta de Xela Arias como tradutora de literatura infantil e xuvenil. Estas versións sonoras da tradución de Xela Arias das rodarianas Favole al telefono están dispoñibles para o público durante un ano grazas á colaboración dos herdeiros de Gianni Rodari, mergúllannos nun mundo de fantasía cotiá que estivo, ademais, na cerna do auxe da literatura infantil e xuvenil en galego nos anos 80. Acompáñanos unha contextualización da profesora da USC Montse Pena e unha ilustración de Bea Gregores.

Que che parece esta nova?
115 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Gianni Rodari, Contos, Consello da Cultura Galega...