Dous libros galegos optan á listaxe de honra de IBBY

Palabras de auga e Contos por teléfono son as obras propostas

29/8/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Lista de Honra de IBBY é como a xoia da coroa da litertura creada e pensada para os máis pequenos que se distribúe nas principais feiras do libro do mundo. Cada dous anos incorpora novos títulos, a través de propostas que, no caso español, fai a organización española do libro infantil e xuvenil (OEPLI). Na escolma de nove títulos propostos por esta entidade neste 2013 hai dúas referencias galegas: dunha banda Palabras de auga (Xerais) de Marcos Calveiro e da outra Contos por teléfono (Kalandraka), a tradución ao galego que Carlos Acevedo fixo da obra de Gianni Rodari e que recibiu o Premio Isaac Díaz Pardo en 2011.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Isaac Díaz Pardo, Gianni Rodari, Marcos Calveiro...