A organización do XV Premio Repsol de Narrativa Breve daba a coñecer na mañá deste seis de outubro o fallo do galardón. O xurado seleccionou Eternity de Xosé Monteagudo como a mellor obra entre as 36 que se presentaron ao certame nesta edición. O gañador recibirá un premio en metálico de 12.000 euros e verá a súa novela publicada pola editorial Galaxia.
Xavier SenÃn, voceiro do xurado destacou que o traballo de Monteagudo "consegue artellar unha trama na que funden a precariedade laboral, o mundo dixital e a construción da memoria. Sitúanos ante unha serie de desafÃos que enfrontamos de cote, en ocasións sen decatarnos: como están a mudar as nosas vidas, ata que punto as convertemos en ficción, como se constrúe a historia persoal, como enfrontamos a morte".
No fallo ademais sinálase que "sendo unha novela moi actual na súa relación coas redes sociais, amosa que a natureza do ser humano ten un fondo de preocupacións transcendentes que permanecen". Na narración "as historias de vida enfÃanse construÃndo unha estrutura narrativa complexa, adquirindo un atractivo e engado de seu, pero integrándose na globalidade dunha novela que nos invita a reflexionar sobre o futuro dunha sociedade que aspira á permanencia concibÃndose coma un inmenso arquivo dixital".
O comité de selección estivo composto pola escritora, socióloga e filóloga, EstÃbaliz Espinosa; Carlos Lema, director de Edicións da Editorial Galaxia; a escritora, ensaÃsta e investigadora, MarÃa López Sández; o tradutor e académico Xavier SenÃn; e Dolores Vilavedra, profesora da literatura galega na USC, crÃtica literaria, tradutora e autora.