A Xunta de Galicia porá en marcha este outono o Bono Cultura, un novo programa de descontos na compra de produtos ou na utilización de servizos culturais, con que se ofrecerán descontos do 50 % para os clientes, cun alcance limitado a 39.000 beneficiarios. Segundo a intención do goberno autonómico trátase dunha medida cun dobre obxectivo: incentivar a demanda cultural e dinamizar o consumo de xeito seguro, asà como favorecer o fortalecemento do sector axudándoo a reducir o impacto económico derivado da COVID-19. Os cálculos do executivo son que grazas a este bono -que conta cun orzamento de 1,95 millóns de euros- se mobilizarán ata catro millóns de euros nos establecementos e entidades culturais da Comunidade.
Como se informou hoxe no Consello da Xunta, a iniciativa consiste na posta en marcha de bonos desconto cun valor de 50 euros por usuario para gastar nos distintos establecementos que se sumen á iniciativa. Os descontos serán do 50 % da compra e poderán beneficiarse 39.000 persoas. Os bonos poderán empregarse para a compra de produtos como música gravada en CD ou vinilo; compras de produtos audiovisuais, como pelÃculas ou series, en formato fÃsico; libros ou videoxogos, pero tamén para a compra de entradas para calquera tipo de institución cultual (museo, casa-museo...) ou para salas de cine, concertos de música e espectáculos escénicos, entre outras. Poderá facerse co bono calquera persoa maior de idade que teña a súa residencia en Galicia e a descarga realizarase a través dunha web, onde se emitirá en formato dixital a través dun código QR e o importe de cada compra reducirase nun 50 % ata esgotar o saldo do bono. O perÃodo de validez dos bonos será desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro.
No que se refire ás entidades adheridas en que se consuma o bono, deberán rexistrarse na mesma páxina web, que se habilitará proximamente. Poderán formar parte desta iniciativa as persoas fÃsicas ou xurÃdicas que teñan como obxecto da súa actividade a venda ao consumidor de produtos e bens culturais en Galicia, os centros ou locais públicos ou privados destinados á exhibición de produción cultural como salas de cine, teatros e auditorios, salas de concertos, salas de exposicións...), asà como museos casasmuseo ou asimilados tanto de titularidade pública como privada e asociacións, entidades e fundacións de carácter cultural, tanto públicas como privadas, que ofrezan produtos culturais. A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade manterá nos próximos dÃas reunións sectoriais para traballar co sector na súa posta en marcha e porase en marcha unha campaña informativa entre a cidadanÃa.