A evolución da cultura galega, o urbanismo, a literatura ou a música danse cita nas xornadas Pe(n)sar a(s) Cultura(s) que convoca para os vindeiros 25 e 26 de setembro a plataforma Emerxencia Cultural Ourense na Cidade das Burgas baixo o lema "Memoria para esquecer a historia". A continuar a súa denuncia da situación da cidade neste campo, o colectivo propón as rúas e prazas da cidade como espazos para a reflexión.
"Pe(n)sar a cultura galega. Suturas, regressus e outras potencias nunha historia cultural interrompida" é a mesa que dá saída ao programa, con Arturo Casas, Cristina Martínez Tejero e Isaac Lourido a abordar diferentes aspectos da evolución deste ámbito nos últimos 40 anos, reflexionar sobre a situación actual do país ao abeiro do Xacobeo e explicar o propio concepto de emerxencia cultural.
A presentación do último libro de Amador Fernández-Savater sobre o movemento 15M co autor e Germán Labrador, canda a un debate sobre "Traducir o urbanismo" con Áurea Soto, Maricarmen Tapia e Fran Quiroga son outras propostas de análise que fan parte desta iniciativa, que conta ademais un apartado de micrófono aberto. O Leo, Os amigos do Sonoro, Burgas Beat, Menina Arroutada e Las Cruzes achegan o contido musical ao programa. Un paseo arredor de Eduardo Blanco-Amor a partir dun traballo de Marilar Aleixandre e outro sobre Benigno Álvarez e Angelita Varela completan a iniciativa.
Programa completo de Pe(n)sar a(s) cultura(s)