A AGAPI analiza o novo modelo de audiovisual nunhas xornadas

O encontro celébrase os vindeiros 9 e 10 de setembro na Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A AGAPI analiza o novo modelo de audiovisual nunhas xornadas

A Cidade da Cultura acolle os vindeiros 9 e 10 de setembro as xornadas que a Asociación Galega de Produtoras Independentes convoca encol do novo modelo do audiovisual. As opcións de financiamento, as novas axudas automáticas, o papel da distribución ou a importancia do Plan de Marketing son cuestións que se abordarán nesta cita, aberta a todos os interesados. Relatores como Emma Lustres, Marta Baldó, Pedro Peira ou Lorena González abordarán os diferentes eixes do programa.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Cidade da Cultura de Galicia