O novo simposio das editoras achégase á diversidade

Celebrarase o xoves 30 de setembro no Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cartel do Simposio.

Cartel do Simposio.

A Asociación Galega de Editoras convoca para o xoves 30 de setembro un novo simposio, centrado desta volta na idea de diversidade. No simposio participarán representantes das editoras e das asociacións Arelas, Bata e ONCE de Pontevedra, así como representantes da Xunta de Galicia, profesores e o filósofo José Miguel Valle. O encontro deste ano centrarase na integración e nos valores presentes nas coleccións e proxectos editoriais galegos. O encontro poderá seguirse por streaming no web da Asociación de Editoras.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Asociacións, Xunta de Galicia, Pontevedra