A Asociación de Editoras convoca o XIII Simposio O Libro e a Lectura

A lectura como motor de coñecemento será o eixe do encontro os días 15 e 16 de decembro

29/11/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acollerá os vindeiros 15 e 16 de decembro o XIII Simposio O Libro e A Lectura. A Asociación Galega de Editoras convoca, baixo o lema "Ler para comprender o mundo" a todos os interesados para "reflexionar colectivamente, debater e reivindicar a lectura como cerna e motor do coñecemento". O encontro arrincará na tarde do 15 cunha conferencia de Xabier P. Docampo sobre o fomento da lectura na escola e continuará coa intervención de Quico Cadaval "Ler para crer".

O evento presta unha especial atención ao mundo das bibliotecas, centros de ensino e clubes de lectura, e representantes destas entidades protagonizan as dúas mesas redondas da mañá do día 16. Así, Cristina Novoa, das bibliotecas escolares de Galicia; Carmen García Paz, do CIFP Ánxel Casal de Monte Alto, e Gracia Santorum, do Club de Lectura do IES Laxeiro de Lalín participarán no debate "Compartindo lecturas, abrindo fiestras" mentres Mercedes Queixas, secretaria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; Carlos Coira, da libraría Trama de Lugo, e Ánxeles Roca, bibliotecaria de Cambre farán parte dunha segunda mesa redonda. O escritor Gustavo Martín Garzo (pechará as xornadas coa conferencia O territorio do lobo.

Os interesados en participar no evento poden inscribirse ata o nove de decembro na secretaría técnica a Asociación de Editoras.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lectura, Quico Cadaval, Xabier P. DoCampo, Asociación Galega de Editoras...