A edición en linguas minorizadas protagoniza o XVII Simposio O libro e a lectura

O encontro da Asociación Galega de Editoras retransmitirase este 5 de novembro desde Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A edición en linguas minorizadas protagoniza o XVII Simposio O libro e a lectura

A Sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela acolle este 5 de novembro a celebración do XVII Simposio O libro e a lectura. A Asociación Galega de Editoras organiza este encontro que se retransmitirá en liña que se centra nesta xeira na problemática da edición en linguas minorizadas.Por mor da situación sanitaria, o encontro non admitirá público presencial.

Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, abrirá o Simposio, que continuará cunha mesa redonda de editoras independentes do noso país coa presenza de representantes de Alvarellos, Cuarto de Inverno e Irmás Cartoné. Durante a tarde presentarase o relatorio "O futuro do sector do libro despois da pandemia. Perspectiva da edición en catalán e en éuscaro", a cargo de Montse Ayats, presidenta da Associació d’Editors en Llengua Catalana, África Ramírez, presidenta da Associació d’Editors del País Valencià e Joxemari Sors, presidente de Euskal Editoreen Elkartea.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Galega de Editoras, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, Real Academia Galega...