O CCG difunde voces centenarias da cultura galega

Un especial do Arquivo Sonoro presentará rexistros inéditos de grandes figuras do século XX

13/9/2021 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
5 lecturas | Compartido 0 veces
O Arquivo Sonoro de Galicia atesoura numerosos rexistros de grandes figuras da cultura galega. Neste novo proxecto, e co aniversario da morte do polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, o Consello da Cultura Galega pon en marcha un proxecto de difusión mensual do seu arquivo. Para arrincar a iniciativa, recuperou unha conferencia de Filgueira Valverde sobre a poesía de Álvaro Cunqueiro, editoriais e recitais dunha das voces máis emblemáticas da emigración galega, Maruxa Boga, e tres importantes conferencias de Rafael Dieste sobre arte e estética.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

25/01/2011

A voz viva de Cunqueiro

O Arquivo Sonoro de Galicia achega á rede unha selección de fragmentos sonoros do mindoniense