Da vieira á frecha amarela: oitocentos anos de representacións xacobeas na Biblioteca de Galicia

Unha mostra recolle 40 exemplos de evolución dos símbolos asociados ao Camiño de Santiago

6/9/2021 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: artehistoria
2 lecturas | Compartido 0 veces

Foto: Xunta de Galicia

O vestíbulo da Biblioteca de Galicia acolle a exposición Imago Sancti Iacobi: a iconografía xacobea na Biblioteca de Galicia, promovida pola Xunta de Galicia. A expiosición reúne 40 obras da colección da Biblioteca de Galicia nas que se amosa "a evolución dunha tradición iconográfica que contribuíu enormemente a engrandecer o fenómeno xacobeo". Desde o séculos XII e XIII, a imaxe do Apóstolo foi transformándose conforme cambiaba a súa narrativa global, de apóstolo entronizado a peregrino ou como guerreiro a cabalo. A mostra inclúe outros símbolos asociados ao fenómeno, como a cuncha, o báculo, a cabaza ou máis contemporáneas, como a famosa flecha amarela. A mostra poderase visitar durante os meses de setembro a novembro.

Universo culturagalega.gal

Contextos