Noeliña Muíño e Alberto Vázquez recuncan como gañadores en Cans

Monte Bravo e Homeless home foron as súas respectivas obras premiadas

<i>Monte Bravo</i> e <i>Homeless home</i> foron as súas respectivas obras premiadas
Noelia Muíño e Alberto Vázquez.
Na XVIII edición do Festival de Cans dous vellos coñecidos volveron subir ao estrado para recolleren premios. A realizadora Noelia Muíño fíxose cos premios á mellor película e á mellor dirección con Monte bravo, unha historia sobre a procura dun lobishome nunha aldea de posguerra. En 2019, Muíño xa conseguira tres premios por The Widow. Pola súa banda, Alberto Vázquez tamén gañara xa tres galardóns premios na categoría de animación, e volveu facelo coa súa nova Homeless home, co que obtivo o premio á mellor banda sonora -escrita por Víctor García- e a mellor curta de animación. O filme Deux options de Gon Caride tamén acadou os premios de mellor guión e a mellor actor, compartido polos actores Jan Soja e Noël Faur.