A nova edición da SELIC reivindica a lectura

A Semana do Libro de Compostela celebrará a súa quinta edición do 10 ao 19 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cartel da SELIC 2021

Cartel da SELIC 2021

A nova edición da Semana do libro de Compostela, presentada onte en Santiago, celebrarase entre o 10 ao 19 de setembro coa rúa do Vilar como epicentro dun evento que este ano, segundo o seu coordinador Camilo Franco, quere prestar atención ao propio acto de ler. "Ler é algo que non se practica agora como hai dez anos: hai máis soportes, hai máis maneiras de ler e como se le condiciona o que se le", sinalou Camilo Franco. Na programación deste ano, numerosas presentacións literarias, roteiros a cargo de escritores como Berta Dávila ou Marcos Calveiro ou sobre Emilia Pardo Bazán, a relación entre xornalismo e ficción ou sobre Pardo Bazán, da que tamén haberá un roteiro, entre os numerosos actos convocados.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Calveiro, Emilia Pardo Bazán, Berta Dávila, Xornalismo...