A inauguración prevista hoxe da feira do libro en Monforte de Lemos, con toda a montaxe e programa preparados, tivo que ser suspendida. O Concello de Monforte, ante a actual situación epidemiolóxica e debido a que o municipio pasará ó nivel máximo de restricións por mor da incidencia da Covid-19, decidiu cancelar este e outros eventos que se ían celebrar no municipio estes días, a fin de evitar aglomeracións e posibles contaxios. A XXIIIª edición da Feira do Libro convértese así na nova vítima da situación epidemiolóxica e ten que cancelar a súa celebración con todo o programa de presentacións previsto ata o vindeiro sábado 28.
Monforte cancela a Feira do Libro que ía inaugurar hoxe
O paso do municipio a nivel máximo de restricións nos vindeiros días levou ao Concello a tomar a decisión
3 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Entidades
Conceptos
Lugares


