Os últimos proxectos de Chévere no campo da ficción sonora continúan a lle dar novas voltas a estas iniciativas. AudioguÃas dramatizadas restrinxidas a unha torre, propostas que integran as voces das xentes do lugar no audio ou falsos programas de radio son algunhas das propostas da compañÃa neste sentido. A maiores, a aposta do Centro Dramático Nacional por este formato teatral cos seus Dramawalker pon no foco un xénero ata o de agora marxinal.
No campo das audioguÃas ficcionadas, logo das tres primeiras que se desenvolveron na Mariña, o seguinte paso de Chévere achegou novos condicionantes e levou a xeitos de traballo diferentes no marco do proxecto Contos do Mar. Segundo lembra Ron, esta proposta "foi unha colaboración na que traballamos a memoria e o desenvolvemento local desde outra perspectiva" na Costa da Morte con novas audioguÃas. Esta iniciativa do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da zona, procuraba "un retrato sonoro do territorio e da forma de vida da poboación nos últimos cen anos". Deste xeito, a recollida de testemuños sonoros colleu un peso especÃfico e conta con sección de seu no web do proxecto. "Houbo unha serie de obradoiros de memorias con persoas maiores e nós empregamos a historias que se gravaron aÃ", explica Ron.
Novos condicionantes
Entre os novos desafÃos que atoparon na compañÃa estaba a cuestión de que neste proxecto "xa non se trataba de percorrer vilas. Fixemos unha audioguÃa no Pindo, que é case unha aldea coa estrada como eixe. É un lugar non dá para paseos moi longos" explica o director destas ficcións sonoras. "Logo outra onda a fervenza do Ézaro, que é un espazo aberto" sen fitos para o percorrido como os que se poden atopar nunha vila. A maiores, na vertente turÃstica dda iniciativa "tratábase de desestacionalizar as visitas na zona, que se concentran enormemente en xullo e en agosto. Para isto, as audioguÃas non están dispoñibles durante os meses de verán". Pola contra, as da Mariña pódense atopar Ãntegras na rede, xa que a Mancomunidade de Concellos "querÃa que fosen complementarias doutros recursos e que se puidesen empregar cando estes non estivesen dispoñibles".
Radio para Fisterra
Para falar de Fisterra a partir destes condicionantes "propuxémonos crear un programa de radio. Cando pos os auriculares atopas un programa de radio que te vai guiando por toda a vila. Hai locutores, música, probas para os oÃntes, entrevistas, chamadas e ata un informativo. Quixemos probar todo ese mundo sonoro da radio, recuperalo e darlle forma de audioguÃa", explica Ron.
Teaser da audioguÃa de Fisterra no web de Chévere
As mulleres do Ézaro
"No Ézaro tiramos do formato documental, a empregar as voces das propias veciñas maiores. Hai unha historia moi potente do pasado sobre o traballo que facÃan na praia e no propio monte cando se construÃron todas as canalizacións das hidroeléctricas, desde os anos 50. Resulta unha historia moi descoñecida que aquà se descubre polas súas propias voces. Para a narración recuperamos un personaxe da nosa montaxe As fillas bravas que actúa de condutora", lembra o director.
Teaser da audioguÃa do Ézaro no web de Chévere
As casas do Pindo
No caso do Pindo a guÃa é "a voz dun vello mariñeiro que coñece os recantos de cada pedra, de cada barco, de cada casa". Actividades pesqueiras, lendas, ou as historias de fuxidos no monte mestúranse nesta ruta.
Teaser da audioguÃa do Pindo no web de Chévere
Retorno á Mariña
Ao proxecto na Costa da Morte seguiu para a compañÃa un retorno ao proxecto da Mariña. As audioguÃas dedicadas a Alfoz e Lourenzá fixéronse públicas e están dispoñibles para descarga desde este mes de xuño de 2021 no web da Mancomunidade de Concellos.
A ficción nunha torre
No caso de Alfoz o audio "céntrase nunha torre, que non é moi grande e nos obrigou a adoptar solucións diferentes. Non tiñamos vila nin un lugar para dar un paseo", explica Ron. "Alà queren facer un centro de recursos centrados no Mariscal Pardo de Cela e centramos a guÃa no personaxe e na súa muller, Isabel de Castro. Tentamos asà recuperar esa muller medieval que está silenciada pero que ten unha importancia grande. A idea é que cando poñan en marcha o centro xa conten con este recurso".
A audioguÃa de Alfoz no web da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense
Os Fernández del Riego de Lourenzá
O Concello de Lourenzá, pola súa banda, propuxo traballar a audioguÃa sobre o personaxe de Francisco Fernández del Riego. O galeguista "ten un libro de memorias da súa infancia que empregamos moito. Desdobrámolo como narrador entre a súa voz adulta e a de cativo", sinala o director. Para garantir a presenza dos riscos da fala local "contamos cunha rapaza do concello que puxo a voz do autor neno". Para a atopar "fixemos un chamamento aberto á poboación, deste xeito tamén fixemos partÃcipe do proxecto a xente do lugar".
A audioguÃa de Lourenzá no web da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense
Turismo e reflexión en Compostela
O seguinte traballo de Chévere neste campo non veu directamente do ámbito turÃstico, senón que chegou nada menos que do Centro Dramático Nacional. O programa Dramawalker convidou a cadansúa compañÃa de Madrid, Barcelona e Compostela a facer unha ficción sonora a retratar un barrio. Os Chévere apostaron polo compostelán de Vite como eixe da súa proposta. O programa "procede dunha experiencia anterior que fixera a sala Kubik Fabrik en Usera, co nome de Storywalker", lembra Ron, que apunta as diferenzas entre esta iniciativa, que propón un paseo netamente cultural, e as anteriores audioguÃas turÃsticas. "A nós non nos transmitiron ningunha motivación turÃstica ata que entrou o Centro Dramático Galego a colaborar. Aà si que habÃa un certo interese por incorporar a súa sede no Salón Teatro no percorrido e por incluÃr o casco histórico compostelán como lugar visitable. AÃnda que non era un requisito fundamental, incorporámolo, e tentamos vincular a zona histórica co barrio de Vite a xerar tamén un recurso que permitise descentralizar os fluxos de visitas cara a periferia".
Dramawalker Vite no web de Chévere
Dramaturxia para Vite
A proposta do Centro Dramático Nacional animaba a incluÃr pezas teatrais nos Dramawalkers, pequenos retallos de teatro sonoro que se combinan coa audioguÃa para o paseo. "Convidamos a Paula Carballeira, Esther F. Carrodeguas, Manuel Cortés e Carlos Santiago a escribir textos máis literarios que se poden escoitar en lugares concretos, sempre a partir do material que compilamos na investigación previa. Para nós foi unha oportunidade combinar estes formatos nun mesmo proxecto" explica Ron. Sobre a selección do lugar, sinala que "escollemos Vite desde a relación de Chévere co Barrio. Ademais existe alà o proxecto Vite Arquiva de recuperación da memoria veciñal, o que nos facilitou moito o traballo. A idea era tamén descubrirlle á propia poboación de Santiago as conexións do centro histórico co barrio, que son desde antigo, xa que desde alà se levaba a auga aos primeiros conventos e igrexas". A maiores, con esta montaxe a compañÃa tamén procuraba "facer certa crÃtica de como foi a cidade nos últimos setenta anos, cando o mito de Santiago se fixo un recurso turÃstico e iso deu tamén nun desenvolvemento urbanÃstico no que se inseriu a propia creación do polÃgono de vivendas de Vite e dos barracóns do Burgo das Nacións, construÃdos precisamente nun Ano Santo".
A consagración das audioguÃas
O feito que o Centro Dramático Nacional optase polos paseos con ficcións sonoras para as súas producións neste programa semella referendar o prestixio que están a acadar este tipo de montaxes. Do mesmo xeito, a elección da compañÃa galega demostra ata que punto destaca o seu labor a nivel estatal. "Non sei ata que punto o CDN como institución chega á xente, pero a min paréceme moi simbólico o feito de colocar estes formatos marxinais nun lugar central", reflexiona Xesús Ron. "Amosa que unha institución como esta non só fai grandes producións para os teatros de Madrid, senón tamén este tipo de intervencións con axentes locais, situándoas no centro dalgún xeito". Unha conquista que, agarda, pode popularizar este tipo de iniciativas. "Penso que ao ser unha institución importante, con impacto noutras entidades do que chamamos alta cultura, achega unha mensaxe moi interesante. Tamén para os concellos porque estas propostas son ridiculamente baratas en comparación con outras accións. Calquera concello de tamaño mediano poderÃa facer cousas similares a traballar con axentes locais".
As conexións do formato
En conxunto, a experiencia no campo das ficcións sonoras reveloulle a Chévere "un formato que nos descubriu un mundo de posibilidades. PermÃtenos facer un traballo teatral que non discorre no escenario e muda totalmente as relacións que establecemos co público. AÃnda que nós non estamos presentes están o noso traballo e as nosas voces" recoñece Ron. Como fondo destes proxectos, o director apunta o elemento común "da recuperación da memoria dos lugares. Todas as que fixemos tocan isto, é parte da súa natureza. Como tema é algo que levamos traballando doce ou trece anos en diferentes espectáculos, e este foi outro xeito de continuar nesa liña". A proposta das audioguÃas ficcionadas "permÃtenos entrar en contacto coas testemuñas, que é a parte máis difÃcil deste tipo de traballos. En montaxes como Curva España introducÃmolas mediante gravacións en vÃdeo, pero neste formato penso que chegamos de xeito moito máis directo".
O valor da memoria
A importancia que ten a memoria nas audioguÃas é para Ron unha clave do potencial destes produtos. "Penso que é o que fai que funcionen e xeren interese tanto na xente que as escoita como nos propios concellos. Se nós creásemos paseos que fosen totalmente ficción, sen conexións con esa realidade, quedarÃa algo divertido pero esgotarÃanse en si mesmas". Segundo explica "a memoria que tentamos ofertar aos visitantes ten que ver co lugar concreto, amosa historias que non están en ningunha historia oficial. Agora vemos que os proxectos cobran aÃnda novos significados porque algunhas das persoas que entrevistamos e que saen neles xa morreron. E entón esa persoa deixou ese testemuño e segue a contar esa mesma historia. Este acaba por ser un formato que permite traspasar fronteiras, non son efémeras e poden perdurar".
Un impulso para traballar
Segundo recoñece, o interese pola memoria e polo aspecto documental das artes escénicas transcende estas propostas sonoras. "É o que nos permitiu seguir a facer teatro. A nós pásanos que nos cansamos de facer sempre o mesmo e precisamos unha motivación cada vez maior. E todo este mundo documental e da memoria, o feito de que o teatro nos permita falar con xente que nos conte as súas historias, supón para nós o privilexio de sermos depositarios deses testemuños", destaca. "Con estes proxectos atopamos unha utilidade para o noso traballo, a partir de memorias individuais transferimos estas historias a unha memoria cultural. Resulta un xeito de facer memoria que se fai máis accesible, chega a máis xente e perdura máis". Un labor que ten unha especial importancia social. "Non perdermos a nosa memoria nin a memoria de que somos penso que é algo que pode facer o teatro fronte ás redes sociais, que son como unha memoria a curto prazo. Pola nosa experiencia, a escena dálle unha autenticidade e unha verdade á transmisión que o cine por exemplo non consegue".
Teatro para a pandemia
Para alén das satisfaccións artÃsticas, as audioguÃas teñen tamén ten a súa importancia económica para a compañÃa. "PermÃtenos saÃr do sector puramente escénico, que está tan minguado nos últimos tempos", admite Ron. Para alén, no contexto de pandemia, as ficcións sonoras facilitáronlles traballar mesmo cos espectáculos suspendidos. "Cando chegou o estado de alarma e o confinamento estabamos a acabar varias e tomamos unha consciencia distinta das súas posibilidades. Vimos que era algo que encaixaba con calquera tipo de restrición para o turismo e a mobilidade. Pódense empregar en solitario ou en grupos pequenos, en calquera horario e a gardar distancias. Mesmo a nós nos permitÃa seguir o traballo porque era algo que evita todas as restricións que paralizaron o teatro".
Futuros sonoros
En Chévere teñen claro que van seguir a traballar con este tipo de iniciativas. "É unha área de actividade que nos interesa moito e que queremos seguir a traballar. Se nos seguen a chegar encargas, encantados, e se non tentaremos seguir dalgún xeito, porque hai moito por explorar", advirte Xesús Ron. A experiencia acumulada pola compañÃa neste ámbito déixase sentir no traballo de Chévere noutros formatos. Propostas escénicas cun grande peso documental como son Eroski ParaÃso ou, en particular, Curva España, dan fe dunha influencia que, segundo confesan, vaise sentir de xeito especial na súa vindeira produción. "O interese por traballar nas audioguÃas acaba ás veces enchoupando todo", lembra Ron. "En setembro estrearemos no teatro MarÃa Guerrero de Madrid N.E.V.E.R.M.O.R.E. Na obra integramos o mundo sonoro e dámoslle unha presenza importante. Falamos sobre o Prestige e achegámonos ao tema desde o son, non de xeito exclusivo, pero si nos deixamos contaminar por estes procesos de investigación", destaca.
Vindeiros territorios Chévere
Como vindeiros proxectos no formato de audioguÃas "seguimos a traballar na Mariña coa vontade de espallar a iniciativa a todos os concellos da mancomunidade. "Estamos a preparar dúas máis a falar de Foz e máis do conxunto de Sargadelos. Neste último a intención é facer un percorrido de quilómetro e medio desde a fábrica actual ata as ruÃnas da antiga, o que tamén é un reto novo. Trátase dun paseo en exterior por unhas ruÃnas que nalgúns casos nin se poden ver. Para Foz pensamos en facer un paseo pola vila a tratar o seu pasado mariñeiro". Novos territorios que se van sumar á Galicia Chévere.