O actor arzuán Alfonso Agra recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2021, galardón que recoñece a traxectoria de profesionais da industria audiovisual galega. Alfonso Agra é coñecido sobre todo polos seus papeis en series galegas como Pratos Combinados, Mareas Vivas ou Serramoura. O homenaxeado manterá un encontro co público no que se desvelarán algunhas das facetas máis descoñecidas da súa dilatada carreira o sábado 18 de setembro ás 11:30 horas no Punto de Encontro do FICBUEU, situado na sala multiusos do Centro Social do Mar.
Alfonso Agra iniciouse no mundo da interpretación nos anos 80 da man da compañÃa viguesa Artello. Durante dúas décadas alternou os traballos neste grupo teatral con espectáculos do Centro Dramático Galego, como 'Os vellos non deben de namorarse', amais de coprotagonizar posteriormente a aclamada 'O florido pénsil'.
Ademais de no teatro, Agra ten tamén experiencia como presentador, tanto de informativos como de programas de entretemento. No eido da dobraxe púxolle voz a personaxes tan populares como Yamcha, de Dragon Ball. Na gran pantalla, vÃmolo nos filmes Entre bateas e DÃas de voda, alén doutros moitos. Nos últimos anos, afianzou a súa traxectoria sumándose ao reparto de series autóctonas con proxección internacional, entre as que destacan Fariña, na que interpretaba ao narco Manuel Bustelo, e recentemente a produción de Netflix El desorden que dejas.
Estas e outras moitas facetas do actor, como o seu paso polo mundo da curtametraxe, abordaranse no 'Encontro con Alfonso Agra', que se celebrará o sábado 18 de setembro ás 11:30 horas no Punto de Encontro do FICBUEU, situado na sala multiusos do Centro Social do Mar. O realizador marinense Gaspar Broullón será o encargado de conducir a entrevista en profundidade co merecedor do Premio Cinema Galego, a quen ás e os asistentes tamén poderán lanzarlle as súas preguntas. Será na penúltima xornada do 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá desde o dÃa 10 cun amplo abano de actividades.