
Segundo sinala nun comunicado "o cambio de situación epidemiolóxica do Concello de Moaña, de nivel medio de restricións a nivel alto anunciado hoxe pola Xunta de Galicia, vendo a tendencia á alza dos datos de casos activos en Moaña e na área sanitaria de Vigo, ante unha posible entrada no nivel extremo na vindeira semana, desde o comité organizador avaliamos que non se dan as circunstancias favorables para desenvolver con plenas garantÃas o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia".
A decisión dáse nun momento no que, segundo recoñece a organización "hai tripulacións e delegacións que xa están en camiño" e todo estaba a punto para a celebración, que contaba reunir máis 114 embarcacións tradicionais de 25 tipoloxÃas diferentes con delegacións de Cataluña, Euskadi, Canarias ou Portugal. O programa contaba ademais cunha quincena de exposicións, concertos, presentacións, conferencias, cursos, proxeccións audiovisuais e outras propostas, que fican canceladas e sen data alternativa prevista.