As embarcacións tradicionais celebran na Guarda o seu XIV Encontro

É a primeira destas citas desde a declaración como BIC da carpintaría de ribeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
As embarcacións tradicionais celebran na Guarda o seu XIV Encontro

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial Culturmar, a Asociación Piueiro-IEM e mais o Concello da Guarda presentaban o pasado sábado no Museo do Pobo Galego o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Esta vila será a encargada de acoller esta cita bienal, primeira que se celebra logo da declaración como Ben de Interese Cultural inmaterial da carpintaría de ribeira. Unha travesía a mar aberto de grande parte das embarcacións participantes aparece como unha das novidades desta xeira. Tres etapas, de Ferrol a Muros, de Muros ás Illas Cíes e destas á Guarda irán sumando novos cascos á esta travesía pioneira.

O programa inclúe abondosas actividades tanto lúdicas como formativas. Exposicións sobre as mulleres do mar, as marcas de mariñeiros ou o patrimonio fluvial, concertos de Andrea Pousa, Nadia Vázquez trío, Tino Vaz, Mascarenhas ou Tradisóns, navegacións adaptadas a todos os públicos, visitas a espazos patrimoniais e culturais da contorna ou bautizos de novas embarcacións fan parte dun intenso programa que se desenvolverá entre o 11 e o 14 de xullo vindeiros.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Ardentía 6 e 7

Quiosco: Ardentía 6 e 7

A Federación pola Cultura Marítima lanza unha nova entrega da sua revista e publica o pdf da anterior

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muros, Ben de Interese Cultural, Cultura Marítima e Fluvial, Museo do Pobo Galego...