Desafiando á meteoroloxÃa dará comezo hoxe a primeira edición do Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença ata o vindeiro domingo, 25 de xullo. Este evento transfronteirizo entre a vila galega e a lusa ofrecerá, se o tempo o permite, quince espectáculos e 24 funcións na fin de semana dirixidas especialmente a público familiar. Este evento é unha iniciativa conxunta da Cámara Municipal de Valença e do Concello de Tui subvencionada polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal. Dende ás tres e media da tarde hora española e até a medianoite as rúas e prazas de Tui e Valença converteranse no escenario no que gozar de espectáculo de teatro, clown, música, etc.
O polifacético artista Antón Coucheiro, será o encargado de abrir o festival ás 15.30 hora española no Jardim das Amoreiras na Fortaleza de Valença, co seu último espectáculo "Sonámbulo", que repetirá ás 20.30 h no Paseo da Corredoira de Tui, ao outro lado da "raia". Asà o resto de espectáculos ofreceranse ao hoxe ou mañá en localizacións de ambas vilas. Por esta primeira edición pasarán tamén as propostas de Arsenio Baruffi, o grupo portugués Farra Fanfarra, Fredi&CÃa, Mamá Cabra en concerto, Pulpiño Viascón, Gramola Gominola, Pedaço Mau, Circo Chosco e outras compañÃas. Para todos os espectáculos, salvo os itinerantes, é preciso reserva previa de entrada até 30 minutos antes do inicio ou até esgotar as prazas dispoñibles en www.tui.gal e www.visitvalenca.com.